venres, 21 de outubro de 2016

                 O Universo

O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades. Hoxe en día, os expertos non están de acordo sobre se é posible (en principio) de chegar a observar a totalidade do Universo.

 Observacións astronómicas indican que o universo ten unha idade de 13,73 ± 0,12 millardos de anos e polo menos 93 000 millóns de anos luz de extensión. O evento que se cre que deu inicio ao universo denomínase Big Bang. Naquel instante toda a materia e a enerxía do universo observable estaba concentrada nun punto de densidade infinita. Despois do Big Bang, o universo comezou a expandirse para chegar á súa condición actual,
e continúa facéndoo.

 Debido a que, segundo a teoría da relatividade espacial, a materia non pode moverse a unha velocidade superior á velocidade da luz, pode parecer paradoxal que dous obxectos do universo puidesen separarse 93 mil millóns de anos luz nun tempo de unicamente 13 mil millóns de anos; con todo, esta separación non entra en conflito coa teoría da relatividade xeral, xa que esta só afecta ao movemento no espazo, pero non ao espazo mesmo, que pode estenderse a un ritmo superior, non limitado pola velocidade da luz. Polo tanto, dúas galaxias poden separarse unha da outra máis rapidamente que a velocidade da luz se é o espazo entre elas o que se dilata.

                                                                                  O Big Bang
                                                                          
O feito de que o universo estea en expansión derívase das observacións do corremento cara o vermello realizadas na década de 1920 e que se cuantifican pola Lei de Hubble. Ditas observacións son a predicción experimental do modelo de Friedmann-Robertson-Walker, que é unha solución das ecuacións de campo de Einstein da relatividade xeral, que predin o inicio do universo mediante un big bang.

O "corremento cara ao vermello" é un fenómeno observado polos astrónomos, que mostra unha relación directa entre a distancia dun obxecto remoto (como unha galaxia) e a velocidade coa que este se afasta. Se esta expansión foi continua ao longo da vida do universo, entón no pasado estes obxectos distantes que seguen afastándose tiveron que estar unha vez xuntos. Esta idea dá pé á teoría do Big Bang; o modelo dominante na cosmoloxía actual.

                As Galaxias

A grande escala, o universo está formado por galaxias e agrupacións de galaxias. As galaxias son agrupacións masivas de estrelas, e son as estruturas máis grandes nas que se organiza a materia no universo. A través do telescopio maniféstanse como manchas luminosas de diferentes formas. Á hora de clasificalas, os científicos distinguen entre as galaxias do Gupo Local, composto polas trinta galaxias máis próximas e ás que está unida gravitacionalmente a nosa galaxia (a Via Lactea), e todas as demais galaxias, ás que chaman "galaxias exteriores".

                                                                                                                                                                                                          Os Planetas

Conforme a Unión Astronómica internacional un planeta é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpiará a órbita de corpos veciños.
Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética.

    As Estrelas
 
Unha estrela é un corpo celeste esférico e astrgavinante, que xera enerxía no seu núcleo mediante reaccións termonucleares. A enerxía xerada emítese ó espazo en forma de radiación electromagnética, vento estelar, e unhas particulas subatómicas  que se supón que posúen masa, pero nunha cantidade ínfima: os neutrinos.
As estrelas obsérvanse no ceo nocturno como puntos luminosos, titilantes debido ás distorsións ópticas que produce a turbulencia e as diferenzas de densidade da atmosfera terrestre. O Sol, ao estar tan preto, obsérvase non como un punto, senón como un disco luminoso cuxa presenza ou ausencia no ceo terrestre provoca o día ou a noite respectivamente.
As estrelas son obxectos de masa e diámetro variable pero sempre moi masivos

                                                                                                                                      A Terra

Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela o Sol na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico  onde se coñece a existencia de vida.  É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar. Tamén é o maior dos catro terrestres.A Terra formouse fai aproximadamente 4 550 millóns de anos e avida xurdíu uns mil millóns de anos despois. A atmosfera  e outras condicións abióticas  foron alteradas de forma significativa pola biosfera  do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono  que xunto co campo magnético terrestre  bloquean a radiación solar dañina , permitindo así a vida na Terra.As propiedades físicas da Terra , a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera. A superficie terrestre ou codia está dividida en varias placas tectónicas que se deslizan sobre o magma  durante períodos de varios millóns de anos. A superficie está cuberta por continentes e illas, estes posúen varios lagos, ríos e outras fontes de auga, que xunto cos océanos de auga salgada  que representan cerca do 71 % da superficie constrúen a a hidrosfera. Non se coñece ningún outro planeta con este equilibrio de auga líquida, que é indispensable para calquera tipo de vida coñecida. Os polos da Terra están cubertos na súa maioría de xeo sólido  ou de banquisas. O interior do planeta é xeoloxicamente activo, cunha grosa capa de manto relativamente sólido, un núcleo externo líquido que xera un campo magnético, e un núcleo de ferro sólido interior aproximadamente do 88 %.